Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11099

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO de licitación, mediante procedemento aberto con pluralidade de criterios, da xestión do Complexo Acuático de Monterrei para a campaña de verán 2016 (O Pereiro de Aguiar).

1. Entidade adxudicadora: Fundación Deporte Galego.

2. Obxecto do contrato:

– Tipo de contrato: servizos.

– Descrición do obxecto: contrato de xestión do Complexo Acuático de Monterrei para a campaña de verán 2016 (O Pereiro de Aguiar, Ourense).

– Prazo de execución: tres meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

– Tramitación: ordinaria.

– Procedemento e forma de adxudicación: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

– Importe sen IVE: 57.638,33 euros.

– IVE (21 %): 12.104,05 euros.

– Importe total: 69.742,38 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

– Definitiva: ver número 6 do prego de condicións particulares.

6. Obtención da documentación: na sede da Fundación Deporte Galego, Edificio Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 2º andar, 15707 Santiago de Compostela, ou nas seguintes páxinas web: contratosdegalicia.es e deporte.xunta.gal. Teléfono: 881 99 63 73.

7. Presentación das ofertas:

– Data límite de presentación: o prazo para a presentación das proposicións rematará o décimo quinto (15º) día natural posterior ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será as 14.00 horas. No caso de que o último día sexa sábado ou inhábil, prorrogarase o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

– Lugar de presentación: na sede da Fundación Deporte Galego. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 3.4ª do prego de condicións particulares.

– Documentación que hai que presentar: a estipulada no prego de condicións particulares.

– Criterios de adxudicación: os que figuren no prego de condicións particulares.

8. Apertura das proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar na sala de xuntas da Fundación Deporte Galego na data e hora que serán anunciadas, con tres días hábiles de antelación aos da súa realización, no perfil do contratante: contratosdegalicia.es e deporte.xunta.gal.

9. Gasto do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego