Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11096

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico - Inorde

ANUNCIO de licitación por procedemento aberto para o aluguer da vivenda unifamiliar número 4 (rehabilitada con cargo ao proxecto Estacións, financiado con fondos Feder da UE) no contorno da estación de FF.CC. de Vilavella (A Mezquita).

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, para o aluguer da vivenda unifamiliar nº 4 (rehabilitada con cargo ao proxecto «Estacións», financiada con fondos Feder da UE) no contorno da estación de FF.CC. de Vilavella, termo municipal da Mezquita, cunha renda de 150 € mensuais (impostos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XI do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro do Inorde, rúa do Progreso, nº 28, ou por teléfono: 988 31 79 30 e fax: 988 31 79 32, ou na páxina web do Inorde www.inorde.es.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación serán susceptibles de recurso de alzada ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non foren simultáneos).

Ourense, 15 de febreiro de 2016

Rosendo Luis Fernández Fernández
Presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico