Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11093

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de axuda no fogar.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2, 3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2015020203 (ref. 2371).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de axuda no fogar.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Duración: dous anos.

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: ata 90 puntos.

Proxecto técnico: ata 10 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 11.147.053,96 euros.

b) O tipo de licitación: 15,00 euros máis 0,60 euros correspondentes ao 4 % de IVE, dando un total de 15,60 euros por hora.

5. Garantías exixidas.

Definitiva: 139.338,17 euros correspondentes ao 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica-financeira: a que se sinala no artigo 12 (Doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 12 (Doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 9 de marzo de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde