Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 10 de marzo de 2016 sobre notificación de audiencia previa á solicitude de execución de aval relativo ao expediente de subvención 980/27/07/000023.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 y 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, esta notificación ten que ser feita no BOE, e será a data de publicación neste a que determine a eficacia do acto notificado.

Logo de ser intentada sen éxito a notificación a Esmader Galicia (NIF *****9623) nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 29 de febreiro de 2016 a directora do Fogga ditou o trámite de audiencia previa á solicitude de execución de aval á devandita empresa que se transcribe a seguir:

«Esmader Galicia, S.L., con CIF *****9623, constituíu un aval en virtude do disposto no artigo 15.2.b) do Regulamento (CE) nº 1227/2000 da Comisión, do 31 de maio de 2000, que foi inscrito no Rexistro Especial de Avais da Consellería de Economía e Facenda, Delegación de Lugo, co nº 1620/2008, para responder da obriga de garantir o pagamento parcial da subvención aprobada no expediente D07-31210-0285.

Unha vez superado o prazo para o ingreso voluntario, e antes de proceder á execución do aval, de acordo coa Orde do 7 de xaneiro de 2000 pola que se desenvolve o Real decreto 161/1997, do 7 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento da caixa xeral de depósitos, tanto o avalista coma o avalado disporán dun trámite de audiencia de dez (10) días para presentaren alegacións, así como os documentos e xustificacións que achen pertinentes, de acordo co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

O interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria, situadas na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada audiencia previa á solicitude de execución de aval.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria