Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 10967

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 11 de marzo de 2016 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

BDNS (identif.): 302480

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarias

Entidades de acción voluntaria e as entidades locais que realicen proxectos de voluntariado enmarcados no programa Servizo de voluntariado xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2016.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2016, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016. O dito programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia mozos/as galegos/as para a súa colaboración como voluntarios/as na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten ao abeiro desta convocatoria.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 11 de marzo de 2016 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 375.000 €, dos cales 175.000 € se reservan para entidades locais, mentres que os restantes 200.000 € son para entidades de acción voluntaria. Finánciase o 100 % do proxecto, cuxo orzamento non poderá ser superior a 4.800 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Coa presentación da solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de beneficiarios. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias coas cales se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada un/unha dos voluntarios/as e do número de días que participará cada un, así como do custo que correspondería por número de voluntarios/as e días e dun orzamento desagregado do custo das demais actividades.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima e a concesión efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2016

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social