Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2016 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, por procedemento aberto, do servizo consistente na atención do teléfono de atención ao consumidor en Galicia e na atención ao consumidor nas provincias da Coruña e Pontevedra (expediente 01/2016 IGC).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Asuntos Xerais.

2º. Enderezo: avda. Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 981 54 53 91.

5º. Telefax: 981 54 45 98.

6º. Correo electrónico: igc.xerencia@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://igc.xunta.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 01/2016 IGC.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: de servizos.

b) Descrición: servizo consistente na atención presencial e telefónica, por medios telemáticos nas provincias da Coruña e Pontevedra, así como do teléfono de atención ao consumidor.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: será de 12 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 196.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 196.000 euros (IVE excluído). IVE: 41.160 euros. Importe total: 237.160 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG)

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro da Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

2º. Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A e B):

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data e hora: indicarase no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B.

10. Gastos de publicidade: 5,42 euros por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

a) Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24147

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo