Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2016 pola que se anuncia o procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de limpeza respectuoso co ambiente e coa seguridade e saúde laboral en centros e instalacións (expediente 301/16, 2 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais-Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: 1.4.2016.

d) Número de expediente: 301/16 (2 lotes).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza respectuoso co ambiente e coa seguridade e saúde laboral nos centros e instalacións da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: 2 lotes.

I. Lote 1: ámbito xurídico-social: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Facultade de Filoloxía e Tradución.

II. Lote 2: Edifico novo CACTI, CINBIO e zonas comúns de baixa seguridade do animalario (queda excluída a Torre CACTI que linda co Edificio Citexvi).

d) Lugar de execución/entrega: os centros, edificios, instalacións e espazos pertencentes á Universidade de Vigo que aparecen mencionados no punto primeiro do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución. Lote 1: dous anos a partir do 1 de xullo de 2016, ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior, prorrogable por dous anos máis por períodos anuais. A prórroga formalizarana de mutuo acordo ambas as dúas partes antes de que remate o período de vixencia inicial do contrato. Lote 2: un ano a partir do 1 de xullo de 2016, ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior, prorrogable por outro ano máis. A prórroga formalizarana de mutuo acordo ambas as dúas partes antes de que remate o período de vixencia inicial do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV:

• 90910000-Servizos de limpeza.

• 909210000-Servizos de desinfección e exterminio.

• 90922000-Servizos de control de pragas.

• 79714000-Servizos de vixilancia.

h) CPA: 81.2 Servizo de limpeza.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: exclusivamente o prezo máis baixo.

4. Orzamento base de licitación.

I. Lote 1. Importe neto: 620.000 €. Importe total (IVE incluído): 750.200 €.

II. Lote 2. Importe neto: 160.000 €. Importe total (IVE incluído): 193.600 €.

5. Valor estimado do contrato: 1.560.000 €.

6. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: considerando que o único criterio de adxudicación é a redución do importe de licitación, considérase oportuno que naqueles supostos en que as empresas se atopen inicialmente incursas en oferta anormal ou desproporcionada se exixa unha garantía complementaria do 5 %.

7. Requisitos específicos do contratista: de conformidade co establecido no artigo 65.1, letra b), do TRLCSP, para a execución de contratos de servizos non será exixible clasificación. Con todo, a clasificación do empresario nos grupos, subgrupos e categorías que a seguir se relacionan acreditará a súa solvencia económica e financeira e a súa solvencia técnica e profesional para contratar. Non obstante, o empresario que dispoña da clasificación pertinente poderá optar por acreditar a súa solvencia económica e financeira e a súa solvencia técnica e profesional mediante o cumprimento dos requisitos específicos de solvencia que se concretan nos números 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servizos mediante procedemento aberto.

Clasificación das empresas españolas:

• Lote 1: grupo U-subgrupo 1-categoría D, ou ben grupo U-subgrupo U-1, categoría - 4.

• Lote 2: grupo U - subgrupo 1 - categoría B, ou ben grupo U-subgrupo U-1, categoría - 2.

I. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a que se indica nos números 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servizos mediante procedemento aberto.

II. Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servizos mediante procedemento aberto.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 9.4.2016, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres C na sala de xuntas da Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 3.500 €.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29.2.2016.

Vigo, 1 de marzo de 2016

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo