Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal 2013 para a incorporación ao Catálogo de elementos do patrimonio cultural.

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 11 de febreiro de 2016, acordou aprobar inicialmente o documento da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña, PXOM 2013, para a incorporación ao catálogo dos elementos do patrimonio cultural, Camiño de Santiago Inglés e elemento arqueolóxico na rúa Casanova de Eirís - avenida dos Caídos, redactado polos técnicos municipais en xaneiro 2016, expediente 631/2014/247.

En cumprimento do artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación da modificación pode consultarse no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (praza Indalecio Prieto, 1-3) en horario laboral, de luns a venres, ou na web do concello: www.coruna.es/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

P.D. (Decreto do 15.12.2015)
Jorge Juan Cao Abad
Director de apoio á Área de Rexeneración Urbana e Vivenda