Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2016 pola que se anuncia a licitación de contratos de subministracións (expediente 2016/1001 e un máis).

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Mestranza, núm. 9, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118, 1038).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2016/1001.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: alugamento de licenzas Microsoft dos produtos Desktop Campus All Languages Lic/SA Pack MVL para a utilización no ámbito de toda a Universidade da Coruña. Alugamento das licenzas de VDA Academic.

c) Lugar de execución/entrega: Servizo de Informática e Comunicacións-Edificio Xoana Capdevielle.

1º. Domicilio: Campus de Elviña, s/n.

2º. Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Prazo de execución/entrega: do 1 de xuño de 2016 ao 31 de maio de 2019.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

f) CPV (referencia de nomenclatura): 48624000-8 Paquetes de software de sistema operativo de ordenador persoal (PC); 48920000-3 Paquetes de software ofimático.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no PCAP.

– Valor estimado do contrato: 208.000,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

Importe neto: 208.000,00 euros. Importe total: 251.680,00 euros.

* Número de expediente: 2016/1002.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración dun sistema de almacenamento de backup en disco con capacidade de VTL (Virtual Tape Library) e o software de xestión de backup.

c) Lugar de execución/entrega: Servizo de Informática e Comunicacións-ESCI.

1º. Domicilio: Campus de Elviña, s/n.

2º. Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Prazo de execución/entrega: 60 días naturais.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

f) CPV (referencia de nomenclatura): 30211300-4 Plataformas informáticas.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no PCAP.

– Valor estimado do contrato: 82.644,63 euros.

– Orzamento base de licitación:

Importe neto: 82.644,63 euros. Importe total: 100.000,00 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo finaliza en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría; r/ Mestranza, núm. 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría; r/ Mestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización dos prazos de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide no sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante, o día e hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a rateo.

A Coruña, 10 de marzo de 2016

P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña