Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación para a xestión e explotación do servizo de perrucaría para os pacientes dos hospitais.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol 15405.

4º. Teléfono: 981 33 45 14/981 33 67 62/981 33 93 91.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratacion.subministracions.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-ASF1-16-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: xestión e explotación do servizo de perrucaría para os pacientes dos hospitais pertencentes á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse pregos.

e) Prazo de execución/entrega: dous anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 98320000-2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

– Memoria de organización e prestación do servizo: ata 40 puntos.

– Tarifas propostas (prezos dos servizos que se van prestar): ata 40 puntos.

– Canon anual de explotación ofertado: ata 20 puntos.

4. Valor estimado do contrato: –.

5. Orzamento base de licitación:

Importe canon mínimo anual: 200 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 200 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Otros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol 15405.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

A data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios.

11. Outras informacións: –.

Ferrol, 25 de febreiro de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol