Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Trazo e Santiago de Compostela (expediente IN408A 2006/001-1).

Expediente: IN407A 2006/001-1.

Solicitante: Hidro Enerxía Xana, S.L.

Denominación: proxecto de construción da ampliación da central hidroeléctrica de Fecha no río Tambre.

Concello: Trazo e Santiago de Compostela.

Características técnicas:

– Unha turbina tipo SemiKaplan de eixe vertical de 36 m3/s de caudal nominal, 8,20 m de salto neto e 2.940 kW de potencia nominal a 214 r.p.m.

– Unha turbina tipo Kaplan de eixe vertical de 20 m3/s de caudal nominal, 8,20 m de salto neto e 1.481 kW de potencia nominal a 215 r.p.m.

– Un alternador asíncrono, marca ABB de 3.000 kW de potencia nominal a 660 V e cosfi = 0,74 a 214 r.p.m.

– Un alternador síncrono de 1.503 kW de potencia nominal a 6.000 V e cosfi = 0,9 a 214 r.p.m.

– Un transformador de potencia de 4.000 kVA e relación de transformación 660/20.000 V.

– Un transformador de potencia de 2.000 kVA e relación de transformación 6.000/20.000 V.

– Un transformador de 50 kVA e tensións de 20.000/400 para servizos auxiliares.

– Unha liña soterrada a 20 kV, baixo tubo, de 50 m de lonxitude desde os trafos de potencia ao centro de seccionamento e interconexión a LMT Fecha-Ordes.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 17 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña