Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10274

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de marzo de 2016 pola que se modifica a autorización do centro privado Cemar do concello de Mondariz-Balneario (Pontevedra).

O centro privado (CPR) Cemar, do concello de Mondariz-Balneario, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Condución de Actividades Físico-Deportivas, o ciclo formativo de grao superior (CS) Animación Sociocultural, o CS Desenvolvemento de Aplicacións Web, o CS Educación Infantil e o CS Márketing e Publicidade.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o CM Condución de Actividades Físico-Deportivas, o CS Animación Sociocultural, o CS Desenvolvemento de Aplicacións Web, o CS Educación Infantil e o CS Márketing e Publicidade, no centro privado que se detalla:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Cemar.

Código: 36019724.

Domicilio: estrada xeral Ponteareas-Mondariz km 7.

Localidade: Mondariz-Balneario.

Concello: Mondariz-Balneario.

Código postal: 36890.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Jesús Fernando Marcote Vilar.

Composición resultante:

– 3 unidades do segundo ciclo de educación infantil.

– 6 unidades de educación primaria.

– 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

– 4 unidades de bacharelato, das modalidades de:

a) Ciencias

b) Humanidades e Ciencias Sociais.

– CM Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural (1 unidade para 20 alumnos/as).

– CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– CS Animación Sociocultural (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– CS Educación Infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– CS Márketing e Publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das novas ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria