Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10321

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (607/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 607/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Rosende Toubes contra Azart Arquitectura, S.L.P. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 23/2016.

Procedemento ordinario número 607/2014.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 607/2014 sobre reclamación de cantidade, por instancia de María del Carmen Rosende Toubes, asistida e representada polo graduado social Francisco Javier Castro Freire contra Azart Arquitectura, S.L.P., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e en consecuencia condeno a Azart Arquitectura, S.L.P. a aboarlle a María del Carmen Rosende Toubes 1.272,05 euros, cantidade que se incrementará cos xuros dos artigos 1100 e seguintes do Código civil. Condeno a demandada Azart Arquitectura, S.L.P. ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do graduado social da parte demandante por importe de 200 euros. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non poden interpoñer recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Azart Arquitectura, S.L.P., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2016

A secretaria xudicial