Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10316

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (35/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 35/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Juana Lestón Santiago contra José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), ditáronse as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016.

Antecedentes de feito.

Único. María Juana Lestón Santiago presentou escrito en que solicita a execución da sentenza nº 383/2015 de data 18.12.2015 ditada no procedemento ordinario 809/2012, fronte a José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha a execución é de 24.622,32 euros en concepto de principal (indemnización) e de 2.462,23 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do artigo 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se percibirían durante un ano e, para as custas, do 10 % da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumpra na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se aboará en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumpre na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución monetaria o aboamento dos xuros procesuais, se proceden, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se tiver instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LEC, unha vez ditado o auto polo/a maxistrado/a, o secretario xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos en citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 383/2015 de data 18.12.2015 ditada no procedemento ordinario 809/2012 a favor da parte executante, María Juana Lestón Santiago, fronte a José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), parte executada por importe de 24.622,32 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 2.462,23 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e a executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorra a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, e non será a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274. Deberá indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «30 Social-Reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-Reposición». Si efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz O/a secretario/a xudicial

Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016,

Antecedentes de feito.

Único. Nas presentes actuacións ditouse auto despachando execución a favor de María Juana Lestón Santiago fronte a José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), pola cantidade de 24.622,32 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 2.462,23 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, unha vez ditado o auto que contén a orde xeral de execución, o/a secretario/a xudicial responsable desta ditará decreto en que se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens, e as medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que deba facerse ao debedor en casos que o estableza a lei; ditándose de oficio as resolucións pertinentes conforme ao artigo 237 LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 24.622,32 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 2.462,23 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0035 16), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L., co fin de que, no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Líbrese exhorto ao Xulgado do Social número 2 (autos de execución de títulos non xudiciais 299/2012) e ao Xulgado do Social número 3 (autos de execución 240/2012), respectivamente, de Santiago de Compostela, para, no caso de existir sobrante algún nos procedementos antes indicados, se transfira á presente execución.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artículo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 aberta en Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a secretario/a xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Mari Maquinaria Galicia para Aluminio y PVC, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial