Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2016/009-1).

Número de expediente: IN407A 2016/009-1.

Solicitante: UDESA, S.A.

Denominación: liña aérea de media tensión 20 kV simple circuíto de Vilar a Foxás.

Concello: Touro.

Características técnicas: cambio do condutor LA-30 da liña denominada reforma da LMT e do CT de Foxás-Touro (expediente IN407A 2001/293-1), mantendo o trazado, engadindo un novo apoio, así como adecuando os actuais aos esforzos e alturas requiridos para o tendido do novo condutor recuberto CCX94-Al/22STA1, cunha lonxitude total de 1,395 km.

A orixe da liña proxectada será no apoio existente C-4550/20 da liña troncal CSM Ponte Ulla a CSM Rabal LMT de Prevediños-Touro (expediente IN407A 2001/242-1) e final no apoio nº 1 da derivada a CT Foxás (expediente IN407A 2001/293-1).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña