Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se somete a información pública o anteproxecto de Lei de protección e benestar de animais de compañía en Galicia.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao establecer ou tramitar os procedementos que resulten de aplicación, velarán por que se informe ao público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos, cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Dentro das materias sobre as que as administracións públicas deben asegurar que se observen as garantías en materia de participación, atópase a de conservación da natureza e a diversidade biolóxica, segundo o artigo 18 da Lei 27/2006, do 18 de xullo.

Iniciada a tramitación do Anteproxecto de lei de protección e benestar de animais de compañía en Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o Anteproxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

Segundo. Durante o citado prazo poderase consultar o texto do anteproxecto de lei no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0098/anteproxecto-lei-proteccion-benestar-dos-animais-compania-galicia

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

• Preferentemente, mediante correo electrónico, ao seguinte enderezo: dxcn.xunta@es

• Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin no enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio