Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a modificación do proxecto de petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 2015/65-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de Bergondo.

Domicilio social: estrada da Coruña, 12, 15167 Bergondo.

Denominación: modificado do proxecto LMTA, CS e CT de 250 kVA para EDAR de Gandarío.

Situación: lugar de Gandarío, s/n.

Características técnicas: LMTS de 790 m de lonxitude (ida e retorno). Tensión de servizo: 15 kV, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) Al, soterrrado baixo tubo. Centro de transformación en caseta prefabricada de 250 kVA, relación de transformación 15 kV/400 V, cela de liña (CGMCOSMOS-L), cela de proteción (CGMCOSMOS-P), secionamento compañía (CGMCOSMOS-S) e cela de medida (CGMCOSMOS-M). Trafo de aceite, conexión Dyn11.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 18 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña