Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10095

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, da subministración de gas natural para as instalacións dos colexios, escolas infantís e dependencias deste concello.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Servizos Xerais. Nº de expediente 17125-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de gas natural para o funcionamento das instalacións de calefacción e produción de auga quente dos colexios públicos e escolas infantís dependentes do Concello de Vigo, así como determinadas dependencias do Concello de Vigo, a casa do concello e o laboratorio municipal.

División por lotes: non.

Lugar de entrega: Concello de Vigo.

Prazo de execución: dous anos. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 200.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono (986) 81 01 48; fax: (986) 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e a folla de especificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15º) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato (FEC).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 4 de marzo de 2016

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación