Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10093

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación dos servizos de control de acceso e limpeza das instalacións das pistas municipais de Balaídos.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes. Nº de expediente: 14569-333.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución de traballos de control de acceso, limpeza, mantemento funcional e apertura e peche das instalacións das pistas municipais de atletismo de Balaídos.

Lugar de execución: pistas deportivas de atletismo de Balaídos.

Prazo de execución: un ano. Prórroga: si; unha dun ano de duración.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 32.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono (986) 81 01 48; fax: (986) 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15º) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato (FEC).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 29 de febreiro de 2016

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación