Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10097

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación dos servizos de vixilancia, socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria en areais deste concello.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Medio Ambiente, Sanidade e Consumo. Nº de expediente: 11483-306.

2. Obxecto do contrato: descrición: servizos de vixilancia, socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria de primeiros auxilios nos areais de Rodas nas illas Cíes, Figueiras en Cíes, A Punta Tombo do Gato, Argazada, Samil, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón do termo municipal de Vigo, así como a execución das prestacións relativas á bandeira azul que se recollen na cláusula 9 do prego de prescricións técnicas.

Lugar de execución: os areais relacionados na cláusula 2 do prego de prescricións técnicas particulares.

Prazo de execución: dous anos. Prórroga: si; dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 852.213,82 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato (FEC).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 4 de marzo de 2016

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19 de xuño)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación