Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a fixación de aliñación e rasantes na N-550 e N-120.

O Pleno da corporación municipal, na sesión ordinaria do 27 de xaneiro de 2016, aprobou inicialmente a modificación do Plan xeral de ordenación municipal no núcleo A Rocha, na parroquia de Atios e no núcleo de Painzal, na parroquia de Cans do Concello do Porriño, acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM para fixación de aliñación e rasantes na N-550 e N-120.

2º. Someter o expediente a información pública por un prazo de dous meses mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, 2 xornais de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do concello.

3º. Dar audiencia aos concellos limítrofes por un prazo de dez días hábiles para os efectos da presentación das alegacións que consideren convinientes.

4º. Suspender o otorgamento de licenzas de parcelación, edificación e derruba nos ámbitos da modificación puntual que poidan ser incompatibles coa ordenación urbanística obxecto de aprobación».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente, polo que se somete o expediente a información pública por un prazo de dous meses mediante a publicación no Diario oficial de Galicia e taboleiro de edictos e páxina web do concello para os efectos de que os interesados presenten as reclamacións e suxestións que se consideren convenientes.

O Porriño, 15 de febreiro de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa