Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10088

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan parcial do SUR PCR-1.

O Pleno da corporación municipal, na sesión ordinaria do 27 de xaneiro de 2016, aprobou definitivamente o Plan parcial SUR PCR-1 do Concello do Porriño, acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º. Aprobar definitivamente o Plan parcial do SUR PCR-1 redactado polo arquitecto Marcos Fernández Álvarez Santullano e promovido pola Comunidade de Herdeiros de José Ramón Fontán González.

2º. Publicar o acordo de aprobación definitiva no DOG e a normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da provincia, por aplicación do artigo 92 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia.

3º. Dar traslado á COTOP dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos que integran o plan sobre os que recae este acordo, debidamente dilixenciados polo secretario do concello».

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicáronse as ordenanzas reguladoras do Plan parcial SUR PCR-1 no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 16.2.2016 (BOPPO núm. 31) e foron remitidos dous exemplares dilixenciados e copia do expediente do Plan parcial do polígono SUR PCR-1 á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Urbanismo da Xunta de Galicia do 11.2.2016 (entrada 207/RX357188).

O que se fai público para o xeral coñecemento.

O Porriño, 17 de febreiro de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa