Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10086

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO da aprobación incial do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello, en sesion ordinaria do 3 de marzo de 2016, acordou aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Dumbría (PXOM), redactado polo equipo redactor (Oficina Galega de Proxectos Arquitectónicos, S.L.P.) dirixido polos arquitectos Daniel Beiras García-Sabell e David Estany Garea, documento de decembro de 2015 presentado con data do 10 de febreiro de 2016 (rexistro de entrada 381).

En cumprimento do artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou nos xornais, para que calquera interesado poida consultalo e formular as alegacións que considere oportunas.

De conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 9/2002, o acordo de aprobación inicial determinará a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento no caso de que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente e que se determinan no documento aprobado (tomo IV, anexo 2. Informe para suspensión de licenzas (páxinas 1 a 9 e plano resumo de ámbitos de suspensión).

A suspensión de licenzas terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. Non obstante, conforme o previsto no artigo 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente sempre que se respecten as determinacións do novo PXOM.

Dumbría, 11 de marzo de 2016

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde