Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de explotación de recursos da sección C) As Millaras número 5259, no concello de Porqueira, promovido por Áridos F. Dacal, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro (BOE núm. 296, do 11 de decembro), de avaliación ambiental, e así mesmo no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de explotación de recursos da sección A) que a seguir se describe:

Solicitante: Áridos F. Dacal, S.L.

Domicilio social: lugar A Forxa nº 15, 32643 Porqueira (Ourense).

Número: 5259.

Nome: As Millaras.

Recurso: area.

Data da solicitude: 25 de setembro de 2012.

Superficie: 4 cuadrículas mineiras.

Concello: Porqueira (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

7º 51’ 40”

42º 02’ 20”

2

7º 51’ 00”

42º 02’ 20”

3

7º 51’ 00”

42º 01’ 40”

4

7º 51’ 40”

42º 01’ 40”

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo durante o prazo indicado nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial e no Concello de Porqueira e formular as súas alegacións ante este órgano administrativo, con enderezo en Curros Enríquez nº 1-4º, 32003 Ourense, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez transcorrido o período de información pública proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, á cal está sometido o presente proxecto, cuxa autorización administrativa compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

Ourense, 13 de outubro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense