Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 26/2011.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor un recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso no tempo e na forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 4 de febreiro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Empresa

Enderezo

NIF

Expediente

Preceptos

Data
da resolución

Infrinxidos

Sancionadores

Galedesa Construcciones, S.L.

Rúa F 31-4º A

36500 Lalín

Pontevedra

B27393289

26/2011

Artigos 14.2 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigos 212 e 213 do Convenio xeral de construción, Resolución do 1 de agosto de 2007 e artigo 11.1.c) e punto 12.a) da parte C do anexo IV do RD 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción

Artigo 12.16 f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social

15 de setembro de 2015