Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015252AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 20 de xaneiro de 2016, a directora xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2015252AL-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á entidade Comercialización Carne Gallega, S.L. como titular do establecemento Matadoiro da Estrada.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Comercialización Carne Gallega, S.L., como titular do establecemento matadoiro da Estrada, o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou do Santander, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2016

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2015252AL-PO.

Denunciada: Comercialización Carne Gallega, S.L., como titular do establecemento matadoiro da Estrada.

DNI/CIF: B36637270.

Último enderezo coñecido: Penarada, s/n, Ouzande, A Estrada.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s:

– Artigos 21 e 22 do Regulamento (CE) nº 1069/2009, do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro.

– Artigos 17 e 18 do Regulamento (UE) nº 142/2011, da Comisión, do 25 de febreiro.

– Artigo 6 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Tipificación: grave, segundo o artigo 52 da Lei 17/2011, do 5 de xullo.

Sanción imposta: cinco mil un euros (5.001,00 €).