Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2016 Páx. 9897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 4 de marzo de 2016, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a proposta de Resolución do 5 de febreiro de 2016 ditada no expediente sancionador LU-23/2015, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de noviembre), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao interesado que no anexo se menciona a proposta de resolución, efectuada pola instrutora do procedemento Mercedes Campos Casares, do expediente sancionador en materia de turismo LU-23/2015, incoado ao titular do establecemento de turismo rural denominado Aldea do Mazo, situado no lugar de Aldea do Mazo, Meiraos, do concello de Folgoso do Courel, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Segundo o establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle ao interesado o trámite de audiencia durante un prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado desta proposta de resolución, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, na Área Provincial de Turismo sito no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo na rolda da Muralla, nº 70, co fin de que, deste xeito, durante igual prazo, poida formular as alegacións e presentar os documentos e información que considere pertinentes.

Lugo, 4 de marzo de 2016

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-23/2015.

Denunciado: Ángel Jesús Fernández Villaravid.

Establecemento: turismo rural Aldea do Mazo.

Enderezo: lugar de Aldea do Mazo, Meiraos.

Localidade: Folgoso do Courel.

Feitos denunciados: percibir prezos diferentes aos exhibidos ou notificados á usuaria ou ao usuario turístico ou percibir prezos por servizos que, en virtude da normativa turística, non sexan susceptibles de cobramento.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 letra c) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 110.12 da Lei 7/2011.

Sanción: novecentos un euros (901,00 €).