Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9413

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2556/2014).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2556/2014 seguido por instancia de Gabriel Borrazás Pan contra a empresa FC Alimentación, S.A., Frigoríficos Conchado, S.A., Administración concursal de FC Alimentación, S.A. (Jaime Fdez.-Obanza Carro) e o Fogasa, sobre despedimento disciplinario, o Tribunal Supremo ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, en nome e representación de Gabriel Borrazás Pan, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 22 de outubro de 2014, no recurso de suplicación 2556/2014, interposto por Gabriel Borrazás Pan contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, con data do 16 de xaneiro de 2014, no procedemento nº 994/2013 seguido por instancia de Gabriel Borrazás Pan contra Frigoríficos Conchado, S.A., FC Alimentación, S.A. Administración concursal de FC Alimentación, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a FC Alimentación, S.A., actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza