Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de marzo de 2016 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 22/2016 no expediente sancionador e de restitución e de reposición da legalidade SIL/125/2012, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 22/2016, interposto por Mª Rosa Búa González, contra a Resolución do 5 de novembro de 2015, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, que desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 5 de abril de 2013, no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade urbanística número SIL/125/2012, pola que se impón unha sanción como responsables, en calidade de promotores das obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, sitas no lugar do Terrón, nas proximidades da praia do Ariño, concello de Vilanova de Arousa.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, LRXPAC, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Milagros García Castro (en representación de Jean Louis Raffi Augusto) para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística