Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de marzo de 2016 pola que se empraza a interesada no procedemento abreviado número 18/2016 no expediente de reposición da legalidade IU3/52/2012-B1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, en relación co procedemento abreviado número 18/2016, interposto por Francisco García Gallego, contra a Resolución do 29 de outubro de 2015 ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se impón unha segunda multa coercitiva, como consecuencia do incumprimento do ordenado nas resolucións do 11 de marzo de 2013 e 14 de agosto de 2014, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común-LRXPAC, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Mª Rosario dos Santos Raúl para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística