Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2016/18-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT RED702 CT Cabanas-Trasmañó.

Situación: Redondela.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 736 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado nº 1 C-2000-12 e final no centro de transformación existente iluminación de ponte de Rande unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado en Cabanas, Redondela. Retensado de dous vans aéreos con condutor LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra