Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2016/12-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Mercadona, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Fuente del Jarro, c/ Ciudad de Liria, 5 e 7, Paterna (Valencia).

Denominación: LMT e CS para CT Mercadona en parque empresarial de Xinzo de Limia.

Situación: Xinzo de Limia.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 76 m, con orixe na LMT XIN806 entre os CTS 32CR81 e CT 32CBM8, con condutor RHZ1 3(1×240) mm2 Al e remate no CS proxectado para o CT Mercadona no parque empresarial de Xinzo de Limia, tipo PFU-5, con celas de entrada e saída e con interruptor en SF6 e protección (parcelas 65, 66, 67).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 11 de febreiro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense