Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9181

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación dos servizos integrais de mantemento, reparación e conserxaría en diversos centros (expediente 09/2016).

Por acordo da Xunta de Goberno Local de 25.2.2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 09/2016).

2. Obxecto do contrato: servizos integrais de mantemento, reparación e conserxería en diversos centros do concello.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/urxente.

4. Orzamento base de licitación: 187.200 € (154.710,74 € + 32.489,26 € en concepto de IVE). Prazo de execución 1 ano.

5. Garantías: 5 % do orzamento de licitación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 8 días naturais desde o día seguinte a última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 26 de febreiro de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa