Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9182

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da obra de dotación de beirarrúas no tramo Maderas Iglesias-San Campio, con cargo ao Plan provincial de obras e servizos 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra (expediente 04/16).

Por acordo da Xunta de Goberno Local, do 25.2.2016, foron aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 04/16).

2. Obxecto do contrato: obra de dotación de beirarrúas no tramo Maderas Iglesias-San Campio, con cargo ao Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/2015) da Deputación de Pontevedra.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 274.855,65 € (227.153,43 € máis 47.702,22 € de IVE).

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).

6. Prazo de presentación das proposicións: 26 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño ( www.contratosdegalicia.es ).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 26 de febreiro de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa