Por acordo da Xunta de Goberno Local do 25 de febreiro de 2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 03/16).
2. Obxecto do contrato: subministración de dous vehículos para diversos usos, mediante arrendamento a través de renting.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.
4. Orzamento base de licitación: 23.232 € (19.200 € + 4.032 € en concepto de IVE). Prezos unitarios indicados nos pregos. Prazo de execución 2 anos (prorrogables por 1 ano).
5. Garantías: 5 % do orzamento de licitación.
6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es.
O Porriño, 26 de febreiro de 2016
Eva García de la Torre
Alcaldesa