Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9184

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO do estudo de detalle de iniciativa privada (Mercadona, S.A.).

Aprobado inicialmente o 29 de febreiro de 2016 o estudo de detalle de iniciativa privada (Mercadona, S.A.), elaborado en novembro de 2015 polo arquitecto Ramón Amadeo Facal Grobas, para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro nas parcelas 65, 66, 67 e 68 do parque empresarial de Xinzo de Limia, para definir as aliñacións e rasantes e a nova reordenación dos volumes proposta.

En cumprimento do acordo da Xunta de Goberno Local do 29 de febreiro de 2016 e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle leva a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Xinzo de Limia, 1 de marzo de 2016

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde