Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9180

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO para a licitación do contrato de servizos de colaboración en xestión tributaria, censual, inspectora e recadatoria.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, nº 2, 32300 Ourense. Órgano de contratación: Alcaldía e, determinados actos, Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: servizos; categoría do anexo II: 27; descrición: colaboración e asistencia técnica, material e informática na xestión tributaria, censual, inspectora e recadatoria.

3. Procedemento e tramitación: aberto e ordinaria. Criterios de adxudicación: segundo a cláusula VII do prego administrativo.

4. Valor estimado do contrato: 622.127,5 euros.

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato sen IVE.

6. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, nº 2, 32300 Ourense; teléfono: 988 32 02 02; telefax: 988 32 59 78; correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org; perfil de contratante: www.concellodobarco.org

7. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais desde a última das seguintes publicacións: deste anuncio no DOG ou do anuncio de licitación no BOP ou no perfil de contratante, de acordo coa cláusula IX do prego administrativo.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.

1º. Criterios de valoración en cifras ou porcentaxes: ata 50 puntos.

2º. Criterios non valorables en cifras ou porcentaxes: ata un máximo de 20 puntos.

9. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo a cláusula X do prego administrativo.

O Barco de Valdeorras, 3 de marzo de 2016

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde