Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de febreiro de 2016 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/112/2014-RP1, devolta polo órgano notificador por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 11 de xaneiro de 2016, resolución pola que se declara que as obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa e semisoto, cun balcón pola súa parte posterior, con soportal de madeira por un lateral e que conta con cuberta rematada en lousa (a dúas augas no corpo principal e tres augas na parte do soportal), con tipoloxía residencial de vivenda unifamiliar e sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, así como a construción dunha grella de fábrica auxiliar do dito uso residencial, no lugar de Outeiro, Choquete, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Ana Pérez Arias, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística