Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de febreiro de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/157/2015, devolto polo servizo de Correos por resultar ausente a destinataria.

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou o día 9 de decembro de 2015 incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade a Olga Iglesias Fernández, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Merouxos, praia de Patos, termo municipal de Nigrán (Pontevedra).

Ao non se poder realizar a notificación persoal do acordo a Olga Iglesias Fernández, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba en que concrete os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística