Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental (DIA) da concentración parcelaria de Cercio (Lalín-Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental (DIA) formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da concentración parcelaria de Cercio (Lalín-Pontevedra) e promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural ( http://www.medioruralemar.xunta.es ) e na da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural