Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 16 de febreiro de 2016 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Marpesa XVII (Baiona A, cuadrícula 5), Marpesa XXVII (Baiona A, cuadrícula 10) e Acuña VIII (Redondela B, cuadrícula 46).

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Marpesa XVII (Baiona A, cuadrícula 5), Marpesa XXVII (Baiona A, cuadrícula 10) e Acuña VIII (Redondela B, cuadrícula 46) e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 3 de xullo de 2015, Herbello Cordeiro, S.L. (B36359479) solicitou autorización para a transmisión das concesións das bateas Marpesa XVII (Baiona A, cuadrícula 5), Marpesa XXVII (Baiona A, cuadrícula 10) e Acuña VIII (Redondela B, cuadrícula 46).

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e a disposición adicional sexta, de delegación de competencias, do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos a favor de Trascomar Aldán, S.L. (B94088887), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marpesa XVII.

Localización:

Cuadrícula nº: 5.

Polígono: A.

Distrito: Baiona (Pontevedra).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 6.10.1953 (BOE núm. 345).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Herbello Cordeiro, S.L. (B36359479).

Nova titular: Trascomar Aldán, S.L. (B94088887).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marpesa XXVII.

Localización:

Cuadrícula nº: 10.

Polígono: A.

Distrito: Baiona (Pontevedra).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 18.9.1964 (BOE núm. 236).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Herbello Cordeiro, S.L. (B36359479).

Nova titular: Trascomar Aldán, S.L. (B94088887).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Acuña VIII.

Localización:

Cuadrícula nº: 46.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 3.6.1964 (BOE núm. 173).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Herbello Cordeiro, S.L. (B36359479).

Nova titular: Trascomar Aldán, S.L. (B94088887).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 16 de febreiro de 2016

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo