Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0183/2015-VNA e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 29 de febreiro de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0183/2015-VNA.

Denunciado: Javier Alejandro Tato Reyes.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0007/2016-VNA.

Denunciado: Hortensio Vidal González.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0063/2015-RE.

Denunciado: José Carlos García Lago.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: SAN-PO-0007/2016-MP.

Denunciado: Edelmiro Serantes García.

Acto de notificación: acordo de incoación.