Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación de instalacións de acuicultura en Cervo, no concello de Cervo, promovido por Acuidoro, S.L. (clave 2015/0164).

De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 16 de febreiro de 2016, do proxecto de ampliación das instalacións de acuicultura en Cervo, no concello de Cervo, promovido por Acuidoro, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental