Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da instalación para a fabricación de cervexa de Hijos de Rivera, S.A.U. (concello da Coruña) (expediente 2016-IPPC-M-3).

Para os efectos previstos no artigo 15 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), faise público que polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Solicitude de modificación substancial AAI».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes, o citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXOI
Memoria resumo

Clave do expediente: 2016-IPPC-M-3.

Peticionario: Hijos de Rivera, S.A.U.

Domicilio social: rúa José María Rivera Corral, 6, polígono A Grela-Bens, 15008 (A Coruña).

Localización da instalación: rúa José María Rivera Corral, 6, polígono A Grela-Bens, 15008 (A Coruña).

Actividade: a modificación proposta consiste nunha ampliación da capacidade de produción, duplicando, aproximadamente, a produción actual con modificacións nas instalacións con novos tanques de fermentación, tanques novos na adega de garda, ampliación dunha nova liña de cocemento, variación nos almacéns, etc.

O incremento da produción en máis dun 50 % da súa capacidade vai supor un aumento de máis dun 50 % do consumo de auga, materias primas e enerxía.

Tamén vai supor un incremento dos caudais vertidos á rede de saneamento municipal e dos caudais emitidos á atmosfera. Veranse incrementadas, consecuentemente, as cargas másicas de saída tanto á rede de saneamento como ao aire.

Prevese tamén un incremento na xeración de residuos tanto perigosos coma non perigosos.