Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2016 Páx. 9126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2012-0092 e un máis.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 19 de febreiro de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2012-0092.

Interesada: Hormigones del Noroeste, S.L.

Acto notificado: 3ª imposición de multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2014-0179.

Interesada: Automóviles Gaucho Sport, S.L.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva