Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9078

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de vixilancia da saúde do persoal do concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2, 3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2015019636 (ref. 2370).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de vixilancia da saúde do persoal do Concello de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: catro anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 85100000-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: ata 68 puntos.

Condicións técnicas: ata 32 puntos, subdividido nas seguintes epígrafes:

– Características do centro de atención, do persoal e dos medios encargados de prestar o servizo obxecto do contrato (esta epígrafe refírese exclusivamente ao centro onde se preste o servizo): ata 9 puntos.

– Melloras que ofreza gratuitamente o contratista: ata 23 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 275.504,16 euros.

b) O tipo de licitación: importe total: 48.000 euros, distribuídos da seguinte forma:

– Actividades preventivas: importe neto: 9.917,36 euros. IVE: 2.082,54 euros. Importe total: 12.000 euros.

– Vixilancia da saúde: importe: 36.000 euros (IVE exento).

5. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica-financeira: a que se sinala no artigo 11 (Doc. 6) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 11 (Doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: rexistro xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Domicilio: Concello de Ourense, praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 18 de febreiro de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde