Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9081

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre delimitación de solo do núcleo rural de Carpaceiras.

Nesta secretaría municipal (Negociado de Urbanismo e Obras) tramítase expediente relativo á delimitación de solo de núcleo rural conforme a disposición adicional segunda, punto 2, da Lei 9/2002, do 30 de decembro:

Solicitante: José Manuel Novás Vázquez.

Situación: Carpaceiras, parroquia de Nete (Vilalba).

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, sométese o expediente de referencia a exposición pública durante o prazo dun mes na secretaría municipal, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vilalba, 10 de febreiro de 2016

Gerardo Criado Guizán
Alcalde presidente