Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9015

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ferrol

EDICTO (1122/2015).

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ferrol

Procedemento orixe: xuízo verbal de desafiuzamento 1122/2015

Sobre verbal arrendaticio

Demandante: Sheila Mata Castro

Procuradora: María Amparo Acebedo Conde

Demandada: Beatriz Castro Graña

Eu, María Sol Velando Cainzos, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ferrol, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento 1122/2015, seguido por instancia de Sheila Mata Castro contra Beatriz Castro Graña, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza:

Ferrol, 3 de febreiro de 2016.

Vistos por Amelia María Pérez Mosteiro, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ferrol e o seu partido, os autos do xuízo verbal seguidos perante este xulgado co número 1122/2015, no exercicio dunha acción de desafiuzamento por precario, por instancia de Sheila Mata Castro, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Acebedo Conde e asistida pola letrada Sra. Pardo-Ciarraga Barros (quen actuou en substitución do seu compañeiro o letrado Sr. Caminero Lobera), contra Beatriz Castro Graña, declarada en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sra. Acebedo Conde, quen actúa en nome e representación de Sheila Mata Castro contra Beatriz Castro Graña, declarada en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo declarar e declaro que Beatriz Castro Graña ocupa a vivenda sita na rúa Masaya, bloque 1, portal 1, piso terceiro B, porta dereita, deste municipio de Ferrol, en situación de precario, sen ningún título e sen pagar contraprestación, polo que estimo que procede o desafiuzamento por precario do citado inmoble e condeno a Beatriz Castro Graña a deixar libre e expedita a vivenda sita na rúa Masaya, bloque 1, portal 1, piso terceiro B, porta dereita, deste municipio de Ferrol, e á disposición da parte demandante, baixo apercibimento de lanzamento de non o verificar en prazo legal.

Todo isto con expresa condena en custas á demandada.

Notifíqueselles a sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación, perante este mesmo xulgado, no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte a aquel en que se notifique esta resolución de conformidade co disposto nos artigos 455 e 458 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao, Amelia María Pérez Mosteiro, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ferrol e o seu partido».

Ao encontrarse a dita demandada, Beatriz Castro Graña, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 10 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza