Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9017

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (589/2013).

Eu, María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante este se notifica a sentenza do 9.9.2014, cuxo encabezamento e resolución se insire ao demandado rebelde Francisco Javier Ares Sixto.

«Vistas por Lorena Tallón García, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as actuacións correspondentes ao xuízo verbal núm. 589/2013 promovido por Herederos de Manuel Peleteiro, S.C., representada pola procuradora Rita Goimil Martínez e asistida polo letrado José Luis Martínez-Olivares Gómez, fronte a Francisco Javier Ares Sixto, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, dispoño que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola entidade Hermanos Manuel Peleteiro, representada pola procuradora Rita Goimil Martínez, fronte a Francisco Javier Ares Sixto, en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno ao demandado a pagar á demandante a cantidade de catro mil setenta e dous euros con trinta e tres céntimos (4.072,33 €), con expresa condena do demandado ao pagamento das custas procesuais xeradas neste procedemento.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta sentenza non é firme polo que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado e para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de 20 días contados desde a súa notificación, logo de consignación do preceptivo depósito».

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015

A secretaria xudicial