Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira, S.A. en Bodión, Boiro e o seu estudo ambiental estratéxico.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 28 de maio de 2015, declarar a incidencia supramunicipal do proxecto sectorial de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira, S.A. en Bodión, Boiro.

En cumprimento do disposto no artigo 13.2 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, no artigo 25.3 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 21.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental,

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto sectorial de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira, S.A. en Bodión, Boiro e o seu estudo ambiental estratéxico, por un prazo de corenta e cinco días hábiles.

O/as interesado/as disporán do citado prazo para examinar o proxecto sectorial e o estudo ambiental estratéxico na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, no Concello de Boiro, e na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren oportunas.

A presente resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na Comunidade Autónoma, comezando a contar o prazo antes sinalado a partir do día seguinte ao da última publicación.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas